Cal é o título de cada programa?

Este proxecto educativo constará de 6 programas, cuxos contidos versarán sobre o título de cada programa.

PROGRAMA 1: QUILÓMETRO CERO

Este programa enfocará as receitas e consellos á utilización dos produtos que se cultivan ou producen preto de nos. Farase algún comentario sobre a importancia de mercar de xeito local e dos beneficios económicos na actividade dos nosos veciños.

A actividade física neste programa 1, estará relacionado co quilómetro cero e o término “comida slow”, comida consciente, ensinando aos que visualicen o programa unhas secuencias de ioga en parellas, executadas de xeito lento e consciente.

PROGRAMA 2: COMIDA FEA

O programa 2 tratará de facer pedagoxía sobre a apariencia das froitas, verduras e hortalizas en relación ao seu sabor. A moitos dstes produtos, por non cumplir coa estética que se impón nos supermercados ou hipermercados, non se lles consigue dar saída e moitas veces acaban no lixo.  A mensaxe que se quere enviar é o de “o importante non é o que parece, senón o que é”.

Para representar este programa o equipo de TFAAD de Vilagarcía suxire unha coreografía de aerobox. A primeira vista, o boxeo ten unha apariencia agresiva e violenta, e esta actividade transformará este deporte nunha actividade lúdica e apta para tódolos públicos.

PROGRAMA 3: DIETA ATLÁNTICA

Neste programa falarase da dieta atlántica e dos produtos que a caracterizan, facendo dúas elaboracións con algún deles.

Para a actividade física deste programa. o alumnado de actividades físicas e deportivas propón unha coreografía para aprender algún dos pasos típicos da muiñeira.

PROGRAMA 4: SAUDABLE, SOSTIBLE E SOCIAL

Este programa adícase as elaboracións realizadas con produtos que foron cultivados dun xeito sostible e responsable por produtores con responsabilidade social corporativa e compromiso co benestar económico e social do seu contorno. Serían os herois e heroínas da economía sostible ou economía circular.

Neste programa farase unha coreografía para toda a familia na que se fará unha homenaxe aos superherois e superheroinas.

PROGRAMA 5: SOBREMESAS SAUDABLES

Neste programa farase fincapé sobre o consumo de azucre de xeito excepcional, un produto que estaría no pu

nto máis alto da coñecida pirámide alimentaria.

Como metáfora desta mensaxe, desenvolverase unha actividade de acrosport, na que se irán construindo diferentes pirámides humanas. O alumno ou alumna que ocupe a punta da pirámide simbolizará o azucre.

PROGRAMA 6: COCIÑA DE REAPROVEITAMENTO

Neste programa convidarase aos nenos e nenas a realizar receitas con restos de comida doutras elaboracións, tanto cociñadas como crus, presentando diferentes xeitos de aproveitar un produto.

Para este programa o al

umnado do TFAAD elexiu unha actividade de percusión, na que se amosaría como reaproveitar dándolle outro uso práctico, os utensilios máis habituais da cociña.

Deixa unha resposta