Xa de camiño para…3,2,1, cámara e acción!

O equipo do CIFP Imaxe e Son xa deixou o equipo preparado para viaxar a Pontevedra e dar comezo ás gravacións dos programas da Mesa do Oroza. Houbo que revisar todo o material, inventariar o que se leva, comprobar que todo funciona, desmontalo con coidado para metelo no transporte…pero todo se fixo con moita ilusión polos dias que se presentan en Pontevedra, compartindo tempo, traballo e gañas cos compañeiros do CIFP Carlos Oroza, que tamén andan atareados preparando as súas postas en escea diante das cámaras.

Estamos listos!

Deixa unha resposta