A música na mesa do Oroza, chega da man dos nosos compañeiros do IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía! Durante o mes de xaneiro, o alumnado do ciclo de Técnico Superior de Acondicionamento Físico, empezou a argallar as súas propostas para poñer o punto final aos programas de cociña. Despois de barallar diversas opcións, […]
Xa de camiño para…3,2,1, cámara e acción!
O equipo do CIFP Imaxe e Son xa deixou o equipo preparado para viaxar a Pontevedra e dar comezo ás gravacións dos programas da Mesa do Oroza. Houbo que revisar todo o material, inventariar o que se leva, comprobar que todo funciona, desmontalo con coidado para metelo no transporte…pero todo se fixo con moita ilusión […]
Practicando o menú do día (1)
Chega o momento de ir practicando algunha das elaboracións que se teñen previstas para os programas de A mesa do Oroza. Nesta ocasión eran Ariadna, Martín e Luis, os que practicaban os seus pratos para perfilar ingredientes, técnicas e presentación. O prato de Luis corresponde ao programa 2 “Comida fea”, e a elaboración será un […]
Comezamos os ensaios
Faltan so uns días para porse diante da cámara, e comezamos a ensaiar os guións do programa. Amosamos a continuación, algunha das fotos desas probas ;))
Uniformidade lista!
Para o desenvolvemento deste proxecto, deseñouse unha uniformidade cunha estética relacionada co logo do proxecto. A encargada de facer este deseño co que aparecerá o noso alumnado diante das cámaras foi Silvia da empresa Bienbonito. Cores terra, area, verdes e marróns, moi orgánicos e coherentes coa liña xeral do proxecto.
Preparando a mesa con Xoanqui Ameixeiras
Despois dun trimestre de planificación das actividades efectivas do proxecto, comezamos a materializar as ideas previstas. Unha delas, a de traer a Xoanqui Ameixeiras, presentador do programa da TVG “Estache bo” a charlar co alumnado que participará nos programas do proxecto. Xoanqui Ameixeiras aproveitou a visita ao centro para darlle algún consello ao alumnado de […]
Cal é o título de cada programa?
Este proxecto educativo constará de 6 programas, cuxos contidos versarán sobre o título de cada programa. PROGRAMA 1: QUILÓMETRO CERO Este programa enfocará as receitas e consellos á utilización dos produtos que se cultivan ou producen preto de nos. Farase algún comentario sobre a importancia de mercar de xeito local e dos beneficios económicos na […]
Obxectivos do proxecto A mesa do Oroza
Os obxectivos que trataranse de acadar co desenvolvemento deste proxecto son: Que o alumnado aprenda facendo, poñendo en práctica os contidos aprendidos durante as súas clases. A aplicación desta metodoloxía de aprendizaxe, que reflicte en esencia o traballo práctico que os centros de formación profesional levamos a cabo, é o primeiro obxectivo xeral do proxecto. […]
De momento, hai que aplazar o proxecto…
Os protocolos sanitarios que se impoñen neste curso 2020-2021, non permiten que desenvolvamos o proxecto de innovación educativa A mesa do Oroza, xa que estes protocolos impiden que diferentes grupos de alumnado se poidan xuntar para realizar actividades , incluso sendo do mesmo centro, polo que non hai posibilidade de desenvolvelo como estaba previsto. Os […]
Comeza a aventura de A mesa do Oroza
O proxecto de innovación educativa A mesa do Oroza, comeza a súa andadura! Este proxecto ten como socios ao CIFP Imaxe e Son de A Coruña, o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía e o IES Montecelo de Pontevedra. O CIFP Carlos Oroza é o centro coordinador. O proxecto “A mesa do Oroza” ten […]